Páginas

24 feb 2012

175 anos do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe celébrase o 175 aniversario do nacemento da coñecida escritora galega, Rosalía de Castro. 
Aquí vos deixamos a interpretación musical que Luz Casal fixo do seu poema "Negra Sombra" pertencente ao libro de Rosalía "Follas Novas" (1880).
"Negra Sombra" converteuse nunha das máis emblemáticas cancións da música galega e é considerado un dos cantos máis fermosos e elementais. 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

                    Rosalía de Castro.

2 comentarios:

  1. Rosalie é sentimento galego. Negra Sombra podemos dicir que é o himno non oficial da nosa terra.
    Bo traballo nenas, preciosa reseña neste dia tan especial.

    ResponderEliminar
  2. Maijo

    A selección do tema é do mais acertado.
    Noraboa

    ResponderEliminar