Páginas

2 mar 2012

A nosa lingua

Adicado especialmente para todos aqueles que non valoran e non aman a nosa lingua


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo. 

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento, 
a palabra de amor. 

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós 
e ese breve ronsel 
que deixaremos nós. 

O idioma é un herdo, 
patrimonio do pobo, 
maxicamente vello, 
eternamente novo. 

O idioma é a patria, 
a esencia máis nosa, 
a creación común 
meirande e poderosa. 

O idioma é a forza 
que nos xungue e sostén. 
Se perdemos a fala 
non seremos ninguén! 

O idioma é o amor, 
o latexo, a verdade, 
a fonte da que agroma 
a máis forte irmandade. 

Renunciar ao idioma 
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua 
se queremos vencer!

 A fala - Manuel María 

2 comentarios:

  1. Os meus parabens aos creadores deste blog, entre todos debemos conservar a nosa maior riqueza. Este vídeo amosa toda a realidade. Repito, os meus parabens e anímovos a que sigades traballando como vindes facendo ata agora. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, traballamos con moita ilusión co fin de conservar a nosa lingua

      Eliminar