Este ano traballaremos a idea da "Fame no mundo" pola relación que esta ten co noso proxecto anual do centro: "Rico, rico, ..., mmm".
Aquí tendes a nosa propia receita para ese día:
BOCADIÑOS DE PAZ
v INGREDIENTES:
· 150 grs de xenerosidade.
· 1 vasiño de concordia e outro de confianza.
· 200 grs de respecto.
· 100 grs de amizade.
· 2 culleradas de ledicia.
· 3 vasos de sabiduría.
· Unha pizca de reconciliación.
· Para a decoración bicos e apertas ao gusto.
v ELABORACIÓN:
· Nun recipiente fondo botamos a xenerosidade e o respecto e os mesturamos pacientemente co vasiño de concordia e o de confianza.
· Sen deixar de remover engadimos progresivamente a amizade e a ledicia ata formar unha mezcla ben homoxénea.
· Nun molde untado coa reconciliación, colocamos como base do pastel os tres vasos de sabiduría e vertemos sobre esta a mezcla previamente preparada.
· Finalmente decoramos ao gusto cos bicos e as apertas.
A receita dos bocadiños de paz non é única, pódese elaborar de moitas e moi diversas formas, e variar os ingredientes ao gusto. O único a ter en conta é que na súa preparación é importante mesturar os ingredientes con afecto e tolerancia.
Recorda: para ter unha vida sa e equilibrada inxerir polo menos unha ración ao día acompañada dun bo sorriso e un amigo con quen compartilo.
BO PROVEITO!
RICO, RICO,…, MMM
Eu xa fago agora a receita na casa, a ver que tal me sae, mañá levo a proba!
ResponderEliminar