Estamos inmersos nun bosque de libros durante este mes e por iso estamos a celebrar unha morea de actividades para que toda a comunidade educativa participe e goce cos libros:
- O meu libro favorito é ....: compartiremos cos compañeiros o noso libro preferido, aquel que plantamos no noso corazón e que quedará no noso bosque durante moitísimos anos. Os días 20 ou 23 traerémolos ao cole para que formen parte dunha exposición.
- Os pais tamén contan; ou os avós, ou os amigos, ou ..., achegarémonos aos nenos para agasallalos cos nosos contos.
- Producións propias, exporemos todos os libros feitos durante o curso, eses que amosan as distintas actividades feitas e que queremos que os pais coñezan.
QUE BONITO, ENCÁNTAME!!!
ResponderEliminar5º curso
EliminarMoitas gracias Profes Mónica e Patri!
Parécenos moi interesante esta páxina para conmemorar ó día do libro. Parabéns!!!!!!!
Que marabilla de actividades... Gustaríame levar o meu libro favorito, seguro que ás nenas e nenos do segundo e terceiro ciclo lles encantaría...
ResponderEliminarO bosque cada día medra máis, cada día máis bonito, cada día máis actividades novas.
ResponderEliminarE a seguer así, vou coller sementes para todos/as e así repoblar o bosque, como xa facía a nosa amiga Wangari jejeje