Hoxe tivemos unha nova actividade para conmemorar o Mes dos Libros . Os alumnos de Educación Primaria visionaron a película: "O segredo do libro de Kells": Brendan, un aprendiz de monxe de tan só 12 anos, vive na abadía irlandesa
de Kells, que goberna o seu tío, o abade Cellach. É o século IX, e están
construindo unha muralla arrededor do monasterio por temor aos perigos
exteriores, personificados no pagano Crom Cruach, que sembra o terror na
zona. A chegada ao lugar do irmán Aldan, que
custodia o lexendario libro, estimula a imaxinación de Brendan.
O libro de Kells existe na realidade e foi probablemente feito nun
mosterio de Escocia, no século
VIII. Logo dunha invasión vikinga, trasladouse a Kells, Irlanda, no século IX. No XI foi roubado e abandonado nunha zanja. Exceptuando o dano normal da agua, conservase en
excelente estado.
Eu tamén quería vela, bueno confórmome co trailer jejeje. Pero sen dúbida o importante é conmemorar o día do libro e seguir facéndoo sempre!
ResponderEliminarcecilia 5º
ResponderEliminarGustoume moito a peli. Parabens!!!!!!
A min tamén me gustou moito, tanto o tema coma os debuxos e a música.A directora, Nora Twomey, tamén dirixíu un corto titulado From darkness, baseado nun conto folclórico esquimó, que podedes ver en youtube.
ResponderEliminarhoooo,... non vos podedes imaxinar o ben conservado que está ese libro!!! atópase na biblioteca do Trinity College de Dublín. Se tendes ocasión, pasádebos !!!
ResponderEliminarbicos mozas !!!