En breve dará comezo o curso escolar 2013-2014.
Mestres e alumnos do Ceip O Sello voltaremos ás aulas cheos de enerxía e con folgos suficientes para afrontar novos retos e novas aprendizaxes.
Lembraremos con cariño a aqueles que xa non forman parte da nosa comunidade educativa e acolleremos con ilusión aos novos membros.
Como anos anteriores o EDLG loitara con dureza para darlle valor ao seu traballo, por dignificar a nosa lingua, a lingua galega, e por conseguir que se valore o esforzo de moitos de nós, que pensamos que o legado dos nosos antepasados debe ser amado, valorado e sobre todo empregado.
Dende este blogue animámovos a manifestar as vosas opinións, as vosas preguntas, as vosas suxestións.
Bo comezo de curso a todos.
Comezar o curso con enerxía e sinónimo de éxito. E os que traballamos ahí sabemos que ides facer un traballo inmellorable. Seguirei o voso traballo equipo!! Moitos bicos dende o FOGAR.
ResponderEliminarUn blogue que reinventa e mellora, así me gusta
Grazas Patri. este blogue vaite botar moito de menos e o equipo tamén. Sorte no teu novo centro e moitos bicos
ResponderEliminar