Páginas

27 ago 2013

UN NOVO CURSO POR EMPRENDER

En breve dará comezo o curso escolar 2013-2014.
 
 Mestres e alumnos do Ceip O Sello voltaremos ás aulas cheos de enerxía e con folgos suficientes para afrontar novos retos e novas aprendizaxes.
 
Lembraremos con cariño a aqueles que xa non forman parte da nosa comunidade educativa e acolleremos con ilusión aos novos membros.
 
Como anos anteriores o EDLG loitara con dureza para darlle valor ao seu traballo, por dignificar a nosa lingua, a lingua galega, e por conseguir que se valore o esforzo de moitos de nós, que pensamos que o legado dos nosos antepasados debe ser amado, valorado e sobre todo empregado.
 
Dende este blogue animámovos a manifestar as vosas opinións, as vosas preguntas, as vosas suxestións.
 
Bo comezo de curso a todos.

2 comentarios:

  1. Comezar o curso con enerxía e sinónimo de éxito. E os que traballamos ahí sabemos que ides facer un traballo inmellorable. Seguirei o voso traballo equipo!! Moitos bicos dende o FOGAR.
    Un blogue que reinventa e mellora, así me gusta

    ResponderEliminar
  2. Grazas Patri. este blogue vaite botar moito de menos e o equipo tamén. Sorte no teu novo centro e moitos bicos

    ResponderEliminar